Ribeira conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con media ducia de actividades

18 Novembro 2019

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, o Concello de Ribeira organiza unha variada programación que engloba media ducia de actividades destinadas a involucrar neste cometido tanto á comunidade escolar coma á poboación en xeral.

Así, o sábado 23 terá lugar no pavillón da Fieiteira un curso de autodefensa para mulleres impartido por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Esta acción desenvolverase en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

O propio luns 25, no espazo de usos múltiples municipal situado fronte ao mercado de Ribeira haberá, ás 11.00 horas, a presentación dun mural elaborado polo colectivo xuvenil Morari que o Concello situará na praza Heroínas de Sálvora; ás 11.15 horas, presentación dos murais realizados polos centros educativos de 3° e 4° de ESO no marco do Primeiro Concurso de Murais contra a Violencia de Xénero, entregándose un trofeo ao mural gañador do certame; e, ás 11.30 horas, concerto de Cris Román contra as desigualdades de xénero.

Ademais, entre o 25 e o 30 de novembro exporanse os referidos murais na Casa do Concello.

Por outra banda, o Auditorio municipal será escenario o 27 de novembro, ás 12.00 horas, da representación da obra de teatro Golpes, da compañía Aantena, dirixida por Xosé Lois e coa interpretación de Estíbaliz Veiga. A función está destinada a alumnado de 1° de Bacharelato.

Finalmente, desde o 25 ao 30 de novembro repartiranse libros sobre igualdade protagonizados polos Bolechas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.