Ribeira dará cabida a un curso de autodefensa destinado ás mulleres

08 Novembro 2019

A modo de preámbulo dos actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro, o Concello de Ribeira a través do Centro de Información á Muller (CIM) promove a realización dun curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, o cal será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Esta actividade terá lugar o sábado, 23 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, no complexo deportivo da Fieiteira. As inscricións débense formalizar no CIM, situado na rúa Deán Pequeño nº 4, con teléfono 981871131 e enderezo electrónico cim@riveira.com.

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.