Rianxo na Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera

21 Novembro 2019

A Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera ( FAGAARTE) presentouse oficialmente en Santiago. O obxectivo é poñer en valor o labor dos alfombristas e garantir o futuro desta tradición en Galicia. A federación está integrada por colectivos de Rianxo, Bueu, Moaña, Ponteareas e Ames, aínda que hai outras agrupacións que tamén mostraron o seu interese en adherirse.

A nova federación terá a súa sede en Bueu e o seu presidente será Manuel Alonso, directivo da asociación de alfombristas da localidade do Morrazo. No acto de presentación de hoxe había representantes institucionais, como o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e desde Cataluña desprazouse a presidenta da Coordinadora Internacional de Entidades Alfombristas de Arte Efémera, Vicenta Pallarés. O presidente de FAGAARTE avanzou que parten dun obxectivo irrenunciable, a unión de todos os alfombristas galegos. A asociación quere atraer aos máis novos a través de talleres e fomentando a súa creatividade artística a través do alfombrismo. Un dos esforzos da federación será o da difusión e visibilización do traballo dos alfombristas.

FAGAARTE organizará conferencias informativas en Pontevedra e Santiago, unha exposición fotográfica e talleres formativos entre febreiro e marzo de 2020. Os alfombristas galegos traballan desde hai tempo con outras asociacións para que a arte efémera sexa declarado no futuro como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco.

Alfombras de Rianxo ( Foto: http://alfombrasderianxo.blogspot.com/ ))

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.