Rianxo continúa somerxéndose na ciencia esta fin de semana

20 Novembro 2019

O RianxoCiencia 2019 segue coa súa programación ao longo de novembro no marco simbólico do mes da ciencia e baixo a premisa da cultura científica, técnica e da innovación como piar inescusable do desenvolvemento sociocultural da cidadanía. Esta iniciativa contempla numerosas actividades de balde enfocadas na promoción e divulgación da cultura científica e técnica.

Así, o obradoiro A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio chega á Biblioteca municipal o venres 22, ás 18.00 horas. Esta actividade focalízase nun público de 6 a 12 anos, contando con 25 participantes, previa inscrición.

Por outra banda, o sábado 23 desenvolveranse dúas citas no salón de actos do Auditorio. A primeira, programada para as 12.00 horas, será Discurshow: Orbitamos! impartida por Vicente Mohedano e dirixida a rapazada a partir de 8 anos. A segunda, ás 19.00 horas, o director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo, ofrecerá unha charla-coloquio titulada As estrelas e os seus sistemas planetarios (e outras cousas que pasan -ou non pasan- no ceo).

Ademais, a sala de exposicións do Auditorio alberga ata o 30 de novembro a mostra 50 aniversario da chegada do home á lúa.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.