Rianxeira achega unha nova liña de conservas ecolóxicas para o Nadal

07 Novembro 2019

JEALSA, a compañía boirense de produtos do mar, vai lanzar para este Nadal unha nova gama de conservas: unha liña innovadora e ecolóxica de atúns e bonitos que inclúen o selo azul de MSC (Marine Stewardship Council polas súas siglas en inglés, a acreditación de pesca sustentábel que pasa por ser a máis rigorosa a nivel internacional), envases e estoxos sustentábeis (pódense reciclar na súa integridade) e as cantidades xustas de aceite (ecolóxico) e auga, que axudan a preservar as mellores calidades dos peixes.

Nun plano máis concreto, os lanzamentos para este Nadal compóñense dos seguintes produtos: Atún claro MSC (co toque xusto de aceite de xirasol ecolóxico e a un prezo de 3,78 euros), Atún claro MSC (co toque xusto de aceite de oliva virxe extra ecolóxico a un prezo de 4,98 euros), Atún claro peixe a cana (co toque xusto de aceite de oliva virxe extra ecolóxico e flor de sal, a un prezo de 4,98 euros), Atún claro MSC (co toque xusto de auga mineral e flor de sal, a un prezo de 3,78 euros), Atún claro MSC en escabeche (a un prezo de 1,99 euros) e Bonito do Norte pescado a cana e MSC (con aceite de oliva e un chisco de sal mariño, a un prezo de 2,50 euros). A este feixe de novidades cómpre engadir o Salmón ao natural cun chisco de sal (a 3,19 euros) e os Mexillóns (a un prezo de 1,55 euros) e Sardiñas (a un prezo de 1,59 euros).

Todos estes produtos acompáñanse ademais dos novos formatos de presentación dos que falamos en O Barbanza recentemente, poñendo o foco nos premios obtidos por esta nova liña de embalaxe.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.