Recoñecido internacionalmente o novo deseño da paquetería de Rianxeira

18 Setembro 2019

20190918 JEALSA, a conserveira con sede en Boiro, vén de obter este mes de setembro un importante recoñecemento ao seu labor recente en materia de deseño, mercadotecnia (marketing) e presentación dos seus produtos de Rianxeira no mundo. A distinción foille concedida o pasado 12 de setembro, na celebración en Londres da 13º edición dos premios Pentawards, o certame de meirande prestixio internacional do ámbito do packaging, e que dende 2007 foi quen de xuntar máis de 16.000 participantes de 64 países. No evento, JEALSA obtivo o Pentaward de Prata polo lanzamento da nova imaxe de Rianxeira, este 2019, que inclúe nova feitura, redeseño integral e innovadores envases.

A marca de Boiro lembra que o Pentaward de Prata é un dos galardóns de maior prestixio a nivel global neste ámbito da creatividade ligada aos envases e á paquetería. “Este premio”, engade a empresa, “súmase aos esforzos da marca e de JEALSA por presentar unha proposta única e innovadora de produtos, onde a sustentabilidade e a transparencia son o seu ADN e a súa principal baza para conquistar o mercado”.

Quen queira coñecer os novos deseños de packs de Rianxeira pode facelo a través da remodelada páxina web da conserveira, www.jealsa.com.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.