Rematou a montaxe de “A Illa das mentiras” baseada no naufraxio do vapor- correo Santa Isabel

05 Novembro 2019

Finalmente rematou hai uns días a montaxe da “Illa das mentiras” título definitivo da película baseada no naufraxio do vapor-correo Santa Isabel. O filme cunha duración de 90 minutos estrenarase no mes de abril. O buque con destino a Vilagarcía a onde ía recoller emigrantes para Montevideo e Bos Aires afundiuse na madrugada do dous de xaneiro de 1921 nos baixos da illa de Sálvora

A súa directora Paula Cons viu nese tráxico suceso unha historia, sobre o apoio recibido pola poboación e os medios locais e, sobre todo, sobre a inspiración recibida polas “heroínas de Sálvora”, as mulleres da illa que se botaron ao mar para axudar no rescate dos náufragos (esa mesma noite os homes estaban en terra firme celebrando o Nadal). Trátase de María, Josefa e Cipriana, interpretadas no filme por Nerea Barros, Victoria Teijeiro e Ana Oca. As verdadeiras protagonistas da historia. O libro toma como referencia para o guión escrito pola propia Paula Cons a obra “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel” do historiador ribeirense Xosé María Fernández Pazos, quen recuperou a historia do naufraxio na década dos noventa.

Tarxeta do vapor-correo Santa Isabel

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.