Reactívase a alerta laranxa no mar polo temporal do suroeste

26 Novembro 2019

Este martes 26 vai ser un día complicado no Barbanza, tanto polo estado do mar como polos fortes ventos do suroeste, os que empuxa unha fronte moi activa que atravesará Galicia ao longo da xornada e que deixará chuvias fortes principalmente pola tarde. As rachas de vento estanse a deixar notar especialmente na costa, máis aínda fóra do acubillo da ría de Arousa, contra Aguiño e contra Corrubedo. De feito, a Xunta decretou a alerta laranxa costeira por mor do temporal e do vento, unha alerta que inclúe o suroeste da provincia da Coruña. Agárdanse refachos de até 100 km, sobre todo no interior a partir das 14.00 horas.

No mar, alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso por mar combinada con ondas de 5 a 6 metros e ventos do sur que poden acadar forza oito. Hoxe están suspendidas as actividades no exterior nos centros educativos do interior da Coruña, Lugo e Pontevedra; na Mariña lucense e nas áreas de montaña de Lugo e Ourense, onde os refachos de vento superarán os 90 quilómetros por hora.

A Xunta lembra que, co vento, o mobiliario urbano pode desprazarse e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación. Tamén se lle recorda á poboación a importancia de “seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e demais obxectos susceptibles de desprazarse co vento”.

No mar, o peor prevese das 15,00 horas en adiante. Agárdase mar combinada do sur con ondas de 5 a 6 metros segundo a zona e ventos do sur ou do suroeste que poden acadar forza oito.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.