O programa Boiro Co-Educa forma a profesorado e alumnado na igualdade

05 Novembro 2019

A principios do mes de outubro arrancou o programa Boiro Co-Educa: igualdade contra as violencias machistas, desenvolvéndose durante estas catro semanas diversas actividades destinadas ao alumnado e ao profesorado dos diferentes CEIP do municipio. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Concello de Boiro e subvencionada pola Secretaria Xeral de Igualdade, enmarcada no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e que leva a cabo o equipo de ReTnova Proxectia Consulting.

Nestas sesións formativas abórdanse conceptos clave necesarios para a comprensión da realidade aínda desigual de nenas e nenos, mulleres e homes. Do mesmo xeito, introdúcese ao profesorado na teoría e práctica dos modelos docentes co-educativos, abrindo espazos de reflexión, revisión e autocrítica fundamentais para a consecución de centros co-educativos.

Tamén se están realizando os talleres destinados ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria co obxectivo de promover relacións igualitarias entre nenas e nenos para a prevención de conductas violentas. Un traballo que se articula a través de tres obradoiros nos que prima o traballo emocional e vivencial de nenas e nenos, abordando a temática dos estereotipos de xénero, a reflexión sobre o consentimento e a autonomía corporal, así como o dereito ao espazo persoal e o rexeitamento das agresións machistas.

Así, desde Boiro Co-Educa estase traballando simultaneamente con profesorado e alumnado coa intención de fomentar a incorporación transversal dos principios da co-educación nos centros educativos. Ademais, nas vindeiras semanas comezará unha serie de actividades destinadas ás familias.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.