O PP gaña en Ribeira e Boiro, mentres que o PSOE na Pobra e Rianxo

11 Novembro 2019

Os resultados electorais deste 10 de novembro mudan significativamente o panorama político estatal respecto dos comicios celebrados o pasado 28 de abril, pero sen que ningunha formación acade a maioría absoluta estipulada en 176. Así, dos 350 escanos do Congreso, 120 correspóndenlle ao PSOE; 88 ao PP; 52 a Vox; 35 a Unidas Podemos; 13 a ERC-Sobiranistes; 10 a Ciudadanos; 8 a JxCat-Junts; 7 a EAJ-PNV; 5 a EH Bildu; 3 a Más País-EQUO; 2 a CUP-PR; 2 a CCa-PNC-NC; 2 a NA+; 1 a BNG; 1 a PRC; e 1 a Teruel Existe. En total, 24.365.851 votos contabilizados (69’87%), dos cales 249.499 foron nulos e 216.515 en branco. As abstencións situáronse en 10.506.203 (30’13%).

No que respecta aos municipios de Arousa Norte, constátase o incremento de Vox, así como a caída de Ciudadanos. Por outra banda, o BNG recupera máis dun cento de votos en tódolos concellos respecto a abril, exceptuando A Pobra, onde a cifra non chega á trintena. En canto a Podemos-EU, baixa o número de papeletas, especialmente en Ribeira, Boiro e Rianxo. Ademais, o PP convértese na forza máis votada en Ribeira e Boiro, mentres que o PSOE gaña na Pobra do Caramiñal e Rianxo.

Ribeira

O total de votos contabilizados foron 13.008 (59’88%), dos cales 188 foron nulos e 126 en branco. Por outra banda, as abstencións situáronse en 8.717 (40’12%). O PP obtivo 4.241 papeletas; PSOE 3.074; Vox 1.747; Podemos-EU 1.466; BNG 1.072; Ciudadanos 665; Más País-EQUO 259; PACMA 103; PCOE 24; Recortes Cero-GV 17; PCTG 15 e PUM+J 11.

A Pobra do Caramiñal

Os votos contabilizados foron 5.329 (67,18%), dos cales 47 foron nulos e 43 en branco. Así, as abstencións situáronse en 2.604 (32’82%). Os socialistas acadaron 1.552 papeletas; PP 1.421; Podemos-EU 985; BNG 510; Vox 410; Ciudadanos 212; Más País-EQUO 95; PACMA 21; PCOE 18; PCTG 8; e Recortes Cero-GV 7.

Boiro

Os votos contabilizados foron 9.988 (64,43%), dos cales 142 foron nulos e 78 en branco. Ademais, as abstencións situáronse en 5.513 (35’57%). Os populares conseguiron 2.919 votos; PSOE 2.746; Podemos-EU 1.298; BNG 990; Vox 977; Ciudadanos 492; Más País-EQUO 184; PACMA 93; PCOE 27; Recortes Cero-GV 21; PCTG 13; e PUM+J 8.

Rianxo

Os votos contabilizados foron 6.304 (66’82%), dos cales 76 foron nulos e 48 en branco; mentres que houbo 3.130 abstencións (33’18%). O PSOE obtivo 1.783 papeletas; PP 1.666; BNG 1.006; Podemos-EU 823; Vox 514; Ciudadanos 229; Más País-EQUO 73; PACMA 46; PCOE 20; PCTG 8; PUM+J 7 e Recortes Cero-GV 5.

Resultados electorais 10N Arousa Norte

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.