O PBBI propón a reforma da ribeirense praza dos Estudantes

14 Novembro 2019
Actual praza dos Estudantes. Cedida por PBBI

O grupo municipal do PBBI levará a pleno unha moción relativa á praza dos Estudantes situada nas inmediacións de Coroso. O partido manifesta que tras unha visita ao citado emprazamento, “verifícase o deficiente estado dos diferentes elementos que a compoñen”, aducindo ao paso do tempo e á meteoroloxía. Deste xeito, considera necesaria a súa reforma, co obxectivo de “dotala dunha mellora urbanística e funcional.”

A formación liderada por Vicente Mariño de Bricio expón que a praza está constituída por pérgola de formigón armado, con manchas de humidade e pintadas; chanzos con acabado en solado de terrazo, con “falta de pezas de alicatado” e “mal estado do solado”; xardineiras e mobiliario urbano.

Por todo isto, o PBBI solicita instar ao Concello de Ribeira a executar a obra que “se centra principalmente na reforma” da praza dos Estudantes, “comezando pola súa demolición, intentando rescatar a arboleda en bo estado e saneando e reparando parte das xardineiras existentes.” Neste senso, propoñen proceder en dúas fases. A primeira corresponderíase coa demolición da pérgola de formigón armado; deconstrución dos chanzos; demolición do pavimento de solado de terrazo existente na totalidade do lugar; retirada do mobiliario urbano existente, con posterior aproveitamento “en caso de atoparse en bo estado”; e demolición de parte das xardineiras existentes e renovación doutras, incluíndo o desbroce e limpeza das mesmas. Por outra banda, a segunda fase comprendería o subministro e colocación de pavimento de pedra natural previa preparación do soporte; pérgola de madeira aserrada; recolocación da arboleda existente nas xardineiras e plantación de diferentes especies de plantas e céspede; e colocación de novo mobiliario urbano (luminarias LED, bancos de madeiras, etcétera).

Así mesmo, o grupo municipal indica que os elementos de saneamento de augas pluviais existentes se manterán tras a reforma, ademais das diferentes arquetas.

Proposta de reforma. Cedida por PBBI

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...