O empresariado de Boiro comeza a sacar partido do tícket dixital

12 Novembro 2019

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) está estes días poñendo o foco nas vantaxes de dixitalizar os procesos de negocio, por exemplo integrando na nosa actividade a plataforma dixital centralizada E-Ticket, que permite aos comercios e aos seus clientes substituír o formato tradicional impreso en papel por un sistema dixital, que é, tamén, “moderno, eficaz e de fiar”, en palabras da asociación, que tamén destaca outras vantaxes: para os clientes e comercios supón coñecer o estado e a garantía das súas compras e vendas (evitando as incomodidades dos impresos tradicionais, fronte á súa perda ou deterioro), ademais da posibilidade de reducir o uso de papel e contaminantes vencellados á impresión.

Público asistente ao almorzo do 7 de novembro

O E-Ticket e o seu potencial de implantación no comercio de Boiro centrou unha xornada de dixitalización a semana pasada (o xoves 7 de novembro pola mañá) que se está a ver complementada con información continua nas redes sociais da asociación.

Máis detalles da plataforma

A Plataforma Dixital Centralizada E-Ticket foi posta en marcha pola Xunta de Galicia coa axuda da Federación Galega de Comercio. Como dixemos, permite aos comercios e aos seus clientes elixir entre o formato tradicional impreso en papel ou un sistema dixital que pode chegar (a elección do usuario) polo teléfono, tableta ou computador. Este proxecto é de balde para os establecementos da ABE, que lembra que grazas ao almorzo informativo celebrado na súa sede o pasado 7 de novembro, ao que acudiu un numero grupo de comerciantes, xa son moitos os establecementos que decidiron integrar a ferramenta na súa actividade cotiá.

O prazo para anotarse a esta iniciativa está aberto e o resto de socios da ABE poden tamén participar dela comunicándose coa ABE, que será a encargada de coordinar o proxecto e intermediar entre xunta e os comercios participantes.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.