O Concello de Boiro participa no programa Machismo sen Miopías

20 Novembro 2019

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Boiro levará a cabo un obradoiro pertencente ao programa Machismo sen Miopías. Sensibilización contra as violencias de xénero, o cal impulsa a Deputación da Coruña. Esta actividade fundaméntase en previr as violencias machistas a través da identificación e toma de consciencia daquelas violencias que son menos visibles.

O programa adopta forma dun conxunto de obradoiros participativos, para homes e mulleres, que se estruturan en torno a diferentes temáticas e nos que se combinará un formato de exposición teórica con técnicas de innovación social aplicadas a un contexto educativo para facer aos asistentes parte central da construción do coñecemento. Dito taller titúlase Visibilizando as devanceiras e componse de 5 horas, repartidas en dúas sesións. A primeira delas terá lugar o 27 de novembro, mentres que a outra será o 4 de decembro, en horario de 17.00 a 19.30 horas, no segundo andar do Centro Social de Boiro.

Nestas sesións traballarase na prevención das violencias machistas, especialmente daquelas que se consideran de “baixa intensidade”, informando ás persoas participantes sobre os recursos existentes para facerlles fronte e ofrecer ferramentas para desactivalas. Tódolos interesados en asistir poden inscribirse no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro, de maneira presencial, no teléfono de contacto 981849960 con extensión 1250 ou no enderezo electrónico directoracim@boiro.org.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.