O BNG pide o voto para “volver a ter voz propia en Madrid”

09 Novembro 2019
Cedida por BNG

O candidato do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, pechou a campaña en Ribeira este venres nun acto no que pediu o apoio para a súa candidatura para ter “voz propia no Congreso” e “facerse valer como país.” No último acto da campaña, acompañado da candidata ao Senado, Tereixa Novo, e o voceiro do Bloque local, Xosé Vázquez Cobas, Rego aproveitou para apelar ás persoas “desencantadas” para que voten a quen “nunca fallou nin fallará a Galiza.”

Néstor Rego pediu o voto para o BNG co obxectivo de “volver a ter voz propia en Madrid, que é moito o que se botou de menos.” Así, pediu sumar a forza das “persoas que votaron a forzas estatais e que agora están decepcionadas”, así como daquelas que nas pasadas eleccións votaron no Senado porque, tal e como puntualizou, só con que elas escolleran tamén a papeleta do Congreso, “o BNG volvería ser a voz da Galiza en Madrid.”

O candidato ao Congreso amosouse confiado en que o nacionalismo galego volverá ter representación nas Cortes porque, segundo apuntou, “nesta campaña percibiuse con claridade que cada vez máis persoas se dan conta da necesidade de que o BNG estea presente no Congreso e mostraron claramente o apoio a nosa forza política.”

Rego tamén defendeu que o voto ao Bloque é un “voto duplo” porque, ademais de recuperar “non o acento senón toda a lingua e con toda a contundencia”, significará unha “barreira fronte á involución democrática que estamos a vivir tan acelerada, con recortes de dereitos e liberdades como a petición de ilegalización de forzas políticas democráticas como o BNG ou o peche de páxinas web sen orde xudicial, por dicir só dous exemplos.” Ademais, precisou que o voto á formación nacionalista significa parar a Vox, xa que a organización nacionalista “lle planta cara sen medo e plantaralla especialmente este 10N.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.