O BNG de Barbanza fai un chamamento á mobilización para “evitar que a violencia machista fique invisibilizada”

25 Novembro 2019

As agrupacións do Bloque Nacionalista Galego nos concellos de Barbanza lanzan un chamamento firme este 25N de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para xuntar forzas contra a lacra da violencia de xénero en calquera das súas moitas manifestacións. En concreto, o BNG chama á mobilización para “evitar que a violencia machista quede invisibilizada”. Por este motivo, queren acadar a máxima participación da cidadanía, das administracións e de todo tipo de organizacións para esixir que se incrementen os fondos para pór freo ao machismo, amais de xulgados específicos e máis axudas para as vítimas.

A integrante do Consello Comarcal, Adelina Ces Quintáns, fixo este luns un chamamento á mobilización masiva neste 25N porque existen máis motivos ca nunca para saír a rúa contra “unha violencia machista que se recrúa mentres avanza o discurso negacionista da extrema dereita que o PP axuda a branquear cos seus pactos de goberno”. Segundo fixo saber, non é admisíbel que haxa un partido como o Partido Popular que “por unha banda reparte paraugas lila para facer unha marcha con motivo do 25N e pola outra vaise de ganchete coa extrema dereita que nega a existencia da violencia de xénero e propugna suprimir as leis das que nos dotamos para defendernos do machismo, un discurso negacionista que nos quere facer retroceder”, denunciou Ces Quintáns.

O Bloque tamén reclama que se destine o 1% do orzamento da Xunta, 100 millóns de euros, para aplicar as medidas que están previstas na Lei galega contra violencia machista, “unha lei que urxe desenvolver facendo especial fincapé nos recursos para atender ás vítimas e nas medidas de sensibilización e educación, así como a prestación de apoio psicolóxico en atención primaria”. Entre as medidas o BNG propón habilitar xulgados específicos nas sete cidades (“hoxe só hai na Coruña e Ourense”, denuncian), suprimir o financiamento público aos centros que segregan por sexo e ampliar axudas ás vítimas de violencia machista, tanto aumentando as contías como ampliando os tramos de renda de posibles beneficiarias.

Outros artigos

Xoves 24, ceo despexado e temperaturas en ascenso

O xoves, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, o que traerá unha xornada de transición meteorolóxica. Pola mañá, néboas e nubes baixas cubrirán o ceo, pero darán paso a ceos despexados en xeral. Pola tarde, poderán formarse nubes de evolución no interior, sen...

+

“Juan Carlos I, a DINA, as residencias” – José Manuel Pena

Moitos cidadáns continuamos pensando que a Democracia e o Estado de Dereito hai que defendelos cada día, fronte aos innumerables inimigos e contrarios á Xustiza Social e á Igualdade real entre españois. Neste sentido, e como galego, sinto vergoña por que o anterior...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...