Modificacións na normativa que regula os estacionamentos para persoas con mobilidade reducida en Boiro

25 Novembro 2019

O Concello de Boiro vén de elaborar unha regulación no horario de estacionamento nas prazas para persoas con mobilidade reducida no casco urbano da localidade. Segundo manifestan, ante as malas prácticas detectadas no uso destes aparcamentos, o executivo realizou un cambio na normativa e, desde agora, o horario de estacionamento está limitado por horas nas prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida situadas no casco urbano.

Debido ás queixas dos usuarios, a Policía Local de Boiro elaborou un informe para regular o horario de estacionamento destas prazas. O aparcamento está agora limitado a un tempo máximo de 90 minutos en horario comercial, de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, agás domingos e festivos. Con esta normativa o que se busca é garantir a rotación de vehículos, especialmente durante o horario de apertura de tendas, “para eliminar así as malas prácticas que se viñan realizando en canto ao uso destas prazas.”

Neste senso, desde o goberno local estase a traballar por facer unha modificación da ordenanza de circulación que está previsto que se leve ao pleno ordinario do mes de decembro. Por unha banda, procederase á delimitación dunha zona azul gratuíta en diversas rúas do casco urbano, tamén de 90 minutos e no mesmo horario comercial, ademais dunhas zonas de aparcamento express de 15 minutos, para garantir así a rotación de vehículos. Nesta ordenanza tamén se vai recoller o regulamento das rúas e espazos peonís.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.