Maior capacidade e servizos na aula de estudo do Centro Social boirense

21 Novembro 2019

A aula de estudo do Centro Social de Boiro vén de ser obxecto dunha reforma e modificación efectuada por parte do Concello. A sala do primeiro andar, habilitada para lectura, contaba cun espazo de biblioteca que estaba en desuso e que limitaba a súa capacidade. Deste xeito, procedeuse á retirada dos estantes coa finalidade de reorganizar o espazo e dar cabida a máis mesas, redundando en que un maior número de persoas poida facer uso das instalacións.

Neste senso, o Concello manifesta que o espazo dispón agora de máis luz natural e gañáronse ao redor de dez sitios colocando novas mesas, as cales estaban en desuso noutras instalacións municipais e contan con luz integrada, dotándoas tamén de máis enchufes para dispositivos electrónicos.

Ademais, na sala contigua hai acondicionadas unhas mesas grandes, pensadas para a realización de traballos en grupo.

O Concello consideraba necesaria esta actuación ao tratarse dunha área con gran afluencia de xente para o estudo ou realización de traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...