JEALFER impulsará Pertegaz da man do deseñador galego Jorge Vázquez

25 Novembro 2019

O impulso que a empresa téxtil JEALFER, con sede en Boiro, lle está a dar a Pertegaz é un impulso de gran alcance. Se os días pasados falamos da posta en marcha da inauguración da tenda en liña (a través de https://pertegazshop.com) para a primeira colección prêt-à-porter outono/inverno de Pertegaz, obxectivo acadado grazas ao traballo de JEALFER e a súa experiencia no sector téxtil e na innovación aplicada ao mesmo, este mes de novembro o labor da firma boirense subiu un novo chanzo cun novo relanzamento da marca española e coa incorporación do deseñador Jorge Vázquez como director creativo. JEALFER confirmou que Pertegaz estará presente na pasarela de Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.

O novo impulso a Pertegaz, que ten a súa orixe en 2012 cando a licenza de deseño, produción e distribución da liña de súa prêt-à-porter foi adquirida por JEALFER (en 2017, ademais, a firma galega fíxose co negocio da división feminina), ten o seu punto forte na fichaxe do galego Jorge Vázquez (é natural de Betanzos) como director creativo, un profesional do deseño cunha longa e prestixiosa experiencia en empresas referentes no sector, como por exemplo Inditex, Loewe ou Antonio Pernas, ao que cómpre engadir a traxectoria traballada a través da marca de seu.

Jorge Vázquez comezou os seus estudos de deseño en Madrid para logo completalos en Estados Unidos. Aos 23 anos obtivo o primeiro premio da IV Mostra de Novos Creadores de Moda outorgado pola Xunta de Galicia. Entre 1995 e 1998 colaborou no departamento de deseño da firma galega Antonio Pernas para logo instalarse en Madrid, onde se integrou no equipo creativo da firma Ángel Schlesser. Máis tarde pasa ao mundo dos complementos e accesorios, da man da empresa Fun&Basics como deseñador, o cal compaxina co lanzamento da súa primeira colección propia de prêt-à-porter feminino.

En febreiro de 2002 presenta a súa primeira colección baixo nome propio na entón Pasarela Cibeles (agora MBFWM). No seu 6º desfile foi galardoado co premio L’Oreal á mellor colección e novo deseñador, galardón que foi quen de obter dúas veces máis ao longo dos anos vindeiros. Ten colaborado coa firma internacional Loewe para deseñar a colección de prêt-à-porter de muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.