Pertegaz abre as súas portas no mundo online

30 Setembro 2019
Pertegaz

20190930. A primeira colección prêt-à-porter, outono/inverno 2019-2020 de Pertegaz inaugura a súa tenda online. Deste xeito, desembarca no universo dixital –https://pertegazshop.com– da man de Jealfer, empresa galega con 65 anos de experiencia no sector téxtil e licenciataria internacional da marca.

A casa aposta nesta colección por prendas de día con carácter urbano e cortes xastre, mentres que para a noite, recupera pezas sofisticadas e maxestosas. A serie materialízase a través de siluetas estruturadas, con esaxerados volumes, mangas amplas e prendas que se recollen e drapean de xeito continuo.

Respecto aos tecidos, están presentes os brocados e devorés, os paños de lá-cashmere, a lá fría e o tafetán de seda.

Ademais, ofrece conxuntos repletos de flores, patas de gallo e estampados pañuelo, acompañando a pezas de punto bordadas, vestido cóctel con pedrería ou adornos de cristal e plumas. Todas estas prendas percorren os tons predilectos de Manuel Pertegaz, cunha paleta de cores que vai desde o branco e negro ao vermello ou ao camel, con pinceladas en turquesa, laranxa, rosa claro e coral. Tamén adquire relevancia o fucsia nas etiquetas de tódalas pezas, sendo, así mesmo, a cor representativa desta nova etapa.

Para obter este resultado, o equipo creativo realizou unha viaxe aos anos oitenta de Manuel Pertegaz e, unha vez somerxidos nos arquivos da casa, interpretaron patróns, volumes e estampados, actualizando o legado do mestre para “a muller de hoxe.”

Deste xeito, a época dos oitenta, as súas reminiscencias barrocas e a esaxeración das formas son a base de #MUYPERTEGAZ, converténdose en punto de partida desta serie o vestido de cóctel confeccionado en faille de seda vermella, con escote palabra de honor e gran lazada creado en 1980.

Así, regresan as lazadas, drapeados, acabados metalizados, voluminosas ombreiras e os traxes xastre ao estilo de Pat Cleveland. #MUYPERTEGAZ é “unha oda ao atrevemento, á sinxeleza dos seus deseños, ao artesanal, ao dominio do corte e ao patrón, á selección de tecidos, ás cores escollidas meticulosamente e ás prendas vivas porque más sempre é máis.”

Desde Pertegaz sinalan que o novo prêt-à-porter baséase na filosofía do “luxo mate ao que aspira a muller que aprecia e sente a moda de forma singular, sen caer na superficialidade nin o efectismo”, tales coma mulleres de “finura distinguida e un glamour sereno e delicado.” En palabras do creador, “mulleres cisne: fráxiles e maxestosas ao mesmo tempo.”

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.