Eliminado un vertido de augas residuais no río Te

25 Novembro 2019
www.arousa-norte.es

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de comprobar a emenda dun vertido de augas residuais que se viñan producindo ao río Te, no lugar de O Batán, ao seu paso polo concello de Rianxo, derivados de deficiencias nas infraestruturas de saneamento existentes no lugar.

No marco dos controis de calidade da masa de auga da bacía intracomunitaria de Galicia – Costa levados a cabo pola Administración hidráulica da Xunta, o seu persoal advertiu a existencia de vertidos de augas residuais e deron traslado da información ao Plan de Control de Vertidos para que se puidesen adoitar as accións oportunas co fin de emendar os vertidos ao citado leito fluvial.

Os técnicos de Augas de Galicia xiraron inspección ao lugar na compaña de persoal da empresa concesionaria da xestión do servizo de saneamento municipal, identificando a orixe dos vertidos nas deficiencias que presentaban as infraestruturas de saneamento no entorno da ponte sobre o río existente no lugar do Batán.

Desde o organismo hidráulico da Xunta requiriuse a adopción por parte da Administración local das medidas correctoras oportunas para o cese das verteduras, que procedeu ao selado das fisuras existentes no colector de chegada ao bombeo e na substitución dun tramo da condución de impulsión que se atopaba deteriorado.

Os inspectores de Augas de Galicia efectuaron recentemente a inspección de seguimento ao citado lugar e puideron verificar que, unha vez se executaron as citadas actuación, cesaron os vertidos e polo tanto a presión contaminante sobre o río Te.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.