Boiro incorpora persoal de servizos varios

15 Novembro 2019

O Concello de Boiro vén de finalizar un proceso de contratación de traballadores para servizos varios. Así, esta mañá comezaron sete operarios da lista de contratación de peóns que se configurou tras os procesos de selección das últimas semanas e que se van encargar de tarefas de limpeza viaria, obras e xardinería, entre outras.

En canto a estas novas incorporacións ao cadro de persoal, dous empregados focalizaranse nos labores de limpeza viaria en Escarabote e Cabo de Cruz, lugares nos que nas últimas semanas, segundo apuntan desde o Concello, se viu debilitado o servizo pola finalización do contrato de traballadores dedicados a estas actividades. Ademais, cos novos operarios tamén se reforzou o servizo no casco urbano para mitigar as consecuencias do mal tempo dos últimos días. 

Por outra banda, os cinco empregados restantes ocuparanse de fortalecer o Departamento de Obras, comezando coas tarefas de acondicionamento de edificios municipais coma son os centros sociais, os cales requiren reparación puntuais.

Desde a Concellería de Urbanismo e Obras téñense previstas novas actuacións para os vindeiros meses coma, por exemplo, algunhas melloras en campos de fútbol do concello, as cales se efectuarán por parte de persoal municipal. Tamén se contemplan arranxos nos vestiarios das distintas instalacións deportivas de Vista Alegre e Valiño, acondicionando os femininos.

Con esta contratación de persoal municipal, o Concello manifesta que se pretenden solucionar as deficiencias no servizo de limpeza e fornecer o Departamento de Obras para aforrar custes facendo intervencións con operarios propios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.