Boiro dota aos campos de fútbol, Protección Civil e Policía Local con disfibriladores

06 Novembro 2019

O Concello de Boiro vén de instalar desfibriladores semiautomáticos en distintas instalacións do municipio. Así, o campo de fútbol de Valiño, o de Vista Alegre e o coche da Policía Local contarán con estes aparellos, mentres que o terreo de xogo de Barraña e un dos vehículos de Protección Civil xa dispoñían deste servizo. Ao acto de colocación asistiron o alcalde boirense, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; e o edil de IC Boiro, Manuel Velo; ademais de membros de Protección Civil e Policía Local.

Numerosa poboación de Galicia padece enfermidades cardiovasculares, polo que a reanimación cardiopulmonar constitúe unha técnica útil para salvar vidas en caso de emerxencias e minimizar as secuelas. Neste senso, as distintas administracións recomendan a dotación de desfibriladores semiautomáticos externos naqueles lugares que rexistran maior afluencia de persoas. En Boiro, procedeuse á instalación nos campos de fútbol ao ser espazos que concentran moita xente. Así mesmo, dispuxéronse dous móbiles nos vehículos de Protección Civil e Policía Local. Desde o Concello manifestan que xa posuían os disfibriladores, pero que estaban en desuso, sendo preciso adquirir unicamente as pertinentes caixas de protección.

Ademais, trátanse de aparellos semiautomáticos, é dicir, só funcionan ao detectar parada cardiorrespiratoria e eles mesmos van indicando os pasos a seguir. Para a súa utilización precísase de formación, que neste momento teñen xa os operarios de Protección Civil. Tamén serán instruídos os membros da Policía Local e persoal municipal e, de cara ao 2020, iranse incorporando novos dispositivos noutras instalacións do concello.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.