As administracións afectadas polo incendio de Rianxo poderán solicitar axudas

04 Novembro 2019

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar o Real Decreto aprobado polo Consello de Ministros do xoves, 31 de outubro, que posibilita solicitar axudas por parte das administracións afectadas polo incendio de Rianxo de finais de marzo co obxectivo de reparar os bens públicos prexudicados polo lume.

Este acordo amplía a cobertura do réxime de axudas do Real Decreto-lei 2/2019 aprobado en xaneiro de 2019 a outros feitos catastróficos sucedidos entre xaneiro de 2018 e marzo de 2019. O obxectivo é aplicar as medidas previstas naquel decreto a sucesos de características similares nas datas sinaladas.

No Real Decreto publicado este pasado venres, recóllense expresamente episodios rexistrados en diversos puntos da xeografía nacional, localizados en Aragón -nas provincias de Huesca e Zaragoza-, Principado de Asturias, Cantabria, Galicia -no municipio de Rianxo-, Comunidade Valenciana -na provincia de Valencia- e Rexión de Murcia -no municipio de Los Alcázares-.

A designación destes fenómenos concretos produciuse tras a información achegada polas Delegacións do Goberno. Os condicionantes desta selección era que foran acontecementos de natureza catastrófica que requiriran pola súa intensidade a activación do plan de emerxencia autonómico correspondente, con incorporación de medios estatais. Estas circunstancias dábanse no incendio declarado a finais do mes de marzo en Rianxo, que requiriu a presencia da Unidade Militar de Emerxencias e medios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, así como a colaboración da Garda Civil tras a activación do nivel 2 de emerxencias.

Tras o incendio, a subdelegada do Goberno en A Coruña, Pilar López-Rioboo reuniuse co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, para informarlle das liñas de axudas estatais para custear a reparación de bens ou servizos danados polo lume. A subdelegada estivo acompañada pola Xefa da Unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno en Galicia, Mª Dolores Gómez, mentres que, por parte do Concello, tamén asistiu a primeira tenente de alcalde por aquelas datas, Adelina Ces.

A través deste Real Decreto, as administracións afectadas poderán solicitar subvencións de ata o 50 por cento do custo dos proxectos directamente relacionados co sinistro que executen os concellos e a deputación provincial, comarca ou mancomunidades relativos á  reparación ou restitución de infraestruturas, equipamentos ou instalacións e servizos de titularidade municipal incluídos no artigo 25.2 da Lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local, e da rede viaria da Deputación Provincial. Exclúense, expresamente, os traballos levados a cabo con medios propios da entidade local, xa sexan materiais, maquinaria ou persoal.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.