Arousa Norte estará presente na feira INTUR

20 Novembro 2019

A feira de turismo INTUR celébrase en Valladolid do 21 ao 24 de novembro, e Arousa Norte acudirá cun stand propio e persoal especializado. Así, o obxecto da asistencia a esta feira radica en amosar o patrimonio da comarca do Barbanza aproveitando o mercado de contratación especializado que estará presente.

Trátase dun mercado con venta directa no que a Mancomunidade expoñerá as propostas e produtos turísticos vinculados ao turismo familiar, arqueolóxico, deportivo, en liñas xerais, produtos vinculados á tradición e á historia do destino.

Unha mostra dos compradores nacionais e internacionais que se darán cita, entre os que se atopan algúns dos touroperadores cos que a Mancomunidade programou encontros, son ACROSS SPAIN, DMC & LEISURE TRAVEL; AIRENATOUR; ALGESTUR; ESPAÑAVISION; CHARLOTTE TRAVEL LIMITED (China); DEMLINK ATLAS» LLC (Rusia); FAB ADVENTURES AS (Noruega); HOPE TRAVEL (Indonesia) e JLT TRAVEL & TOURS (Filipinas), entre outros.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.