Aprobada a modificación da ordenanza de venda ambulante en Rianxo

08 Novembro 2019

Rianxo celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria extraordinaria que contou unicamente coa presenza dos grupos municipais do BNG e PSdeG-PSOE.

Despois de ratificar a urxencia do pleno, procedeuse a abordar o punto relativo á derrogación da ordenanza fiscal municipal de venda ambulante. O concelleiro de Facenda, Tobías Betanzos, explicou que, por parte dos servizos de tesourería e económicos, detéctase que na ordenanza de venda ambulante hai “unha inadecuación entre o que di a norma e o que están ingresando os vendedores.” Deste xeito, requírese que se solvente esta situación, semellando “o máis prudente” proceder á derrogación da propia ordenanza e, mentres se anula, redactar a modificación da nova norma. A proposta foi aprobada por unanimidade.

A continuación, tratouse a última cuestión referente ao proxecto modificado do 28/10/2019 sobre a mellora da envolvente do pavillón cuberto do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña (POS + Plan adicional 2). O alcalde Adolfo Muíños indicou que non se trata dunha modificación do importe establecido en 63.300 euros, “simplemente determinados aspectos de partidas que estaban incluídos que se mellorou” e engadir trazos técnicos coma facela accesible. O punto tamén saíu adiante por unanimidade.

Outros artigos

A función “Terapias Alternativas” recala este sábado en Rianxo

O Auditorio de Rianxo vai acoller este sábado a función Terapias Alternativas, a cargo do grupo TEN (Teatro Escola de Narón). Será o 14 de marzo ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dun espectáculo recomendado para todos os públicos. A entrada...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

“Non á guerra!” – José Manuel Pena

Non á guerra, debe ser algo máis que un slogan ou unha apostila electoral. Os gobernantes, responsables políticos, institucións e organismos internacionais así como a propia cidadanía temos que ser conscientes de que queremos un mundo en paz, libre de guerras e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.