ABAS culmina o seu Proxecto Sálvora na Pobra cunha festa da igualdade

29 Novembro 2019

ABAS (Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade) vai celebrar este sábado 30 na Pobra o colofón do seu completo programa de actividades para fomento da igualdade e a concienciación arredor das identidades sexual e a diversidade.

O programa, chamado Proxecto Sálvora, achegou ao longo destes meses todo tipo de accións dirixidas a derrubar barreiras, estereotipos e discriminacións: mostrouse o exemplo de mulleres líderes en moi diversos ámbitos, organizáronse obradoiros e debates sobre igualdade e diversidade, celebráronse concursos e foros para empoderar ás mulleres e animalas a participar nos mundos empresarial, asociativo, sindical ou comunicativo, etc.

O peche do proxecto (a actividade Feminismo a pé de rúa) será este sábado día 30, a partir das 16:30 no Mercado Municipal da Pobra do Caramiñal onde haberá uns obradoiros de igualdade dirixidos a nenos e nenas de 6 a 12 anos de xeito totalmente gratuíto.

O programa de actividades foi financiado pola Deputación da Coruña, xesto polo que a asociación lle traslada o agradecemento á entidade provincial. “Desde a asociación queremos destacar que as actividades foron un éxito, contaron cun importante número de participantes e tiveron unha gran aceptación e interese entre o público asistente”, engaden dende ABAS.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...