A Xunta apoia a construción do novo Auditorio de Ribeira e a compra do local para a Biblioteca

20 Novembro 2019

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron esta mañá senlleiros convenios de colaboración para levar a cabo actuacións en materia de infraestrutura cultural e social.

Un deles permitirá a construción do novo Auditorio de Ribeira, unha infraestrutura cultural que será un referente para toda a comarca, segundo expuxo Ángeles Vázquez, e para o que hoxe se deu o primeiro paso, coa sinatura do convenio cun importe de case 130.000 euros que permitirán facer fronte aos gastos derivados da redacción do proxecto básico e de execución desta infraestrutura e que asume ao 100% a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Así mesmo, a conselleira explicou que a Xunta de Galicia apoiará ao Concello na execución das obras que teñen un orzamento estimado de 2’8 millóns de euros, polo que o investimento da Consellería neste proxecto se elevará a 500.000 euros nos vindeiros anos. Indicou que esta colaboración tamén posibilitará a mellora do espazo contiguo para poñer en valor esta zona de Ribeira e ofrecer ao veciñanza e visitantes espazos de esparexemento e puntos de encontro cultural.

O segundo dos convenios rubricados permite ao Concello de Ribeira beneficiarse do programa Fondo de Cooperación, posto en marcha polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de xeito que os concellos acceden a préstamos sen xuros. Neste caso concreto, o importe ao que accederá Ribeira é de 245.000 euros, facilitando ao Concello adquirir e rehabilitar un inmoble que acollerá a Biblioteca municipal e unha aula de estudos.

A conselleira destacou que con esta iniciativa o Concello non só está dotando de servizos, senón que tamén está a coidar, rehabilitar e conservar o patrimonio construído do municipio. Neste senso, lembrou que Ribeira xa se beneficiara deste programa do IGVS en 2018, para levar a cabo o acondicionamento da envolvente térmica e reforma interior do edifico da Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD), para o que se lle concedeu un crédito de case 520.000 euros.

Finalmente, agradeceu o esforzo do Concello e salientou o labor que está desenvolvendo a Xunta de Galicia “de cooperar e tender a man aos concellos para que repercuta na cidadanía, na mellora deses servizos que son fundamentais para o rexurdir das nosas vilas, dos nosos pobos, e ter os mellores dos servizos tal e como nos merecemos.”

Pola súa parte, o rexedor Manuel Ruiz expresou o seu agradecemento á Xunta de Galicia e, nesta ocasión, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, manifestando que “en todas as accións da Xunta de Galicia está presente Ribeira. Cada vez que Ribeira ten unha necesidade, sempre temos esa deferencia do Goberno galego de escoitarnos e despois, na medida das súas posibilidades, prestarnos unha axuda”, sendo este o caso para a materialización das dúas instalacións referidas. Tamén apuntou a que, ás veces, os concellos “somos os grandes olvidados da financiación do Estado. Para calquera infraestrutura que practicamente supere a mera conservación, pois necesitamos a axuda de outras administracións.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.