A Pobra e Vilanova únense para render tributo a Valle-Inclán

06 Novembro 2019

Con motivo da vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, A Pobra do Caramiñal foi escenario este mediodía dunha ofrenda cívica, amenizada polo grupo de música tradicional Os Caraveiros, e que incluíu ofrenda floral fronte ao busto do escritor situado nos xardíns que levan o seu nome, chantado da camelia xapónica creada por Begoña Franco en honor ao intelectual e lectura pública de textos seus nos que se alude a esta especie botánica.

No acto estiveron presentes a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González; os edís Estefanía Ramos e José Andrés Lojo; o ex-voceiro do BNG local, Ramiro Ouviña; Xaquín del Valle-Inclán, neto do escritor; Begoña Franco, creadora da variedade de camelia; e veciñanza que se quixo achegar. Ademais, houbo representación do outro lado da ría tan vinculado con Valle-Inclán, concretamente, Vilanova de Arousa, asistindo o rexedor Gonzalo Durán e o tenente de alcalde Javier Tourís.

Xaquín del Valle-Inclán foi o encargado de ler referencias á especie botánica na obra do intelectual, mentres que Begoña Franco expresou a súa felicidade polo chantado desta camelia, constituíndo “un gran honor.”

Na súa intervención, o director xeral de Políticas Culturais destacou o traballo dos concellos valleinclanianos, “os que, ao longo de todos estes anos, son quen de manter con moita máis forza a lembranza e o traballo ao redor de Valle-Inclán.”

Pola súa parte, o alcalde vilanovés Gonzalo Durán manifestou que “Vilanova e A Pobra, A Pobra e Vilanova, somos concellos hermanados, difundimos a obra dun dos mellores dramaturgos que deu este país e que deu Europa.”

Finalmente, a concelleira pobrense Patricia Lojo reproduciu as palabras pronunciadas no seu día por Alfonso Rodríguez Castelao: “don Ramón era un galego extraordinario, o mellor artista que pariu Galicia.” Tamén engadiu que, en canto aos autores clásicos, os representantes públicos “temos o deber ético e estético de promover o seu coñecemento e divulgar as súas excelencias artísticas.”

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.