A mostra Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán chega a Santiago de Compostela

08 Novembro 2019

A partir de hoxe e ata o 1 de decembro, a Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela, alberga a exposición Borranchos. Aproximación á obra de Valle-Inclán, do artista Domingo Regueira. Unha actividade que se enmarca na programación da vixésimo primeira edición das xornadas de homenaxe ao intelectual que se celebra na Pobra do Caramiñal, dándolle unha proxección a estes actos máis aló de Arousa.

A mostra componse dun total de 36 pezas realizadas en auga e tinta, onde o creador reflicte pasaxes literarias  e personaxes valleinclanianos a través dun percorrido visual, serie de imaxes icónicas que trasladan ao espectador ao universo de ficción de Valle-Inclán. No ronsel creado por Domingo Regueira, atópanse estampas inspiradas en textos literarios tan coñecidos coma Comedias Bárbaras, Divinas palabras, Sonatas, Luces de bohemia ou Tirano Banderas, entre outros.

Esta exposición realízase en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, institución cultural coa que se mantén unha cooperación periódica con eventos tales coma a colocación da bufanda vermella á escultura do escritor no Paseo das Letras Galegas da Alameda compostelá cada mes de marzo. Interesados en reivindicar a importancia da cidade de Santiago como vila valleinclaniana e a relación que se establece entre o surrealismo e o esperpento.

A inauguración tivo lugar esta mesma tarde e a presentación correu a cargo do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González; o presidente da Asociación Cultural Barbantia, Manuel Cartea; o artista Manuel Teira; e o propio creador, Domingo Regueira.

Con motivo desta mostra, editouse un catálogo que reproduce parte dos contidos textuais e plásticos deste proxecto, sendo distribuído gratuitamente entre o público que asistiu ao acto inaugural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...