A Deputación da Coruña financiará a contratación de sete persoas en Boiro

26 Novembro 2019

A Deputación da Coruña anunciou a semana pasada as cifras de empregabilidade que se prevén ao abeiro do seu programa PEL-PEMES 2019-2020. Segundo fixo saber a entidade provincial, con nova convocatoria financiarase a contratación de 173 persoas en pequenas empresas da provincia. A Deputación destinará a este obxectivo 2.270.000 euros, co que se cubrirá o 75% do salario dos traballadores e traballadoras durante un ano. Boiro será un dos concellos máis beneficiados, onde están programadas sete contratacións.

O presidente da institución, Valentín González, salientou que o obxectivo de PEL é “fomentar a creación de emprego calidade, especialmente nos concellos máis pequenos e rurais da provincia”. Tamén puxo en valor a finalidade de “axudar a fixar poboación e apoiar a inserción laboral das persoas con maiores dificultades para atopar un emprego”. O presidente explicou ademais que das 173 axudas concedidas, preto do 72% (124) realizaranse na modalidade de contratación indefinida e que o 93% (161 contratos) corresponden a colectivos coma parados de longa duración, maiores de 45 anos ou menores de 30, mulleres ou persoas con discapacidade.

En canto á distribución das axudas por concellos, é de destacar que todas as empresas e autónomos/as beneficiarios son de concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Destacan como concellos cun maior número de solicitudes concedidas os seguintes: Santa Comba (13), Curtis (10), Mazaricos (9), Boiro (7), Zas (7), Cee (6), Melide (6), Ordes (6), Bergondo (4), Betanzos (4), Camariñas (4), Corcubión (4), Laxe (4), Oroso (4) e As Pontes (4).

Atendendo á tipoloxía de negocio, a meirande parte das beneficiarias son microempresas, representando o 57% do total, mentres que os autónomos ou empresarios/as individuais supoñen o 37%. A porcentaxe restante, é dicir, o 6% corresponde a pequenas e medianas empresas.

Analizando os datos das entidades beneficiarias por sectores produtivos, destaca a forte presencia do sector terciario, xa que un 79% das axudas destinarase a empresas e autónomos/as que exercen actividade nel.

As empresas beneficiarias abranguen un gran abano de actividades empresariais, destacando as vinculadas ao sector do comercio (21,38%), a hostalería e turismo (20,23%) e á construción e reformas (5,7%).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.