Conta atrás para o inicio (este sábado en Boiro) do Maio Vintage Market edición 2024

30 Abril 2024

A céntrica rúa peonil de Boiro acollerá este sábado 4 de maio durante toda a xornada a nova edición do mercado cultural e artesanal Maio Vintage Market. Haberá postos de artesanía, deseño, moda ou ilustración e actividades culturais na rúa para apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas e promover o comercio local.

O evento vén da man da Asociación Creaturas e o Concello de Boiro. Nesta edición participarán un total de 76 postos entre os que se atopan artesáns e tamén entidades como Unión de Muchachas, AMBAR, A Creba, Turbina, AGADEA, Cruz Vermella, Asociación Española Contra o Cancro e Boas Novas.

A cita contará tamén coa colaboración de establecementos hostaleiros e comerciais locais como Atlántica, A Pousada da Galiza Imaxinaria, Tres Catorce, Furancho e Adria. Tamén desenvolverá un papel activo o alumnado de artes do IES Praia Barraña que vai realizar o seu proxecto final do curso no Maio Vintage Market.

Ademais dos postos de artesanía haberá actuacións musicais, obradoiros e outras actividades.

A programación cultural estenderase durante todo o día con actuacións de DJs, grupos locais e tamén espectáculos infantís.

O obxectivo desta actividade é apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas, persoas dedicadas ao deseño, á ilustración, á fotografía…

A temática desta onceava edición serán os anos 80, polo que dende a organización animaron a todas as persoas asistentes a caracterizarse con algo propio da época.

PROGRAMACIÓN
11.30h – DJ Bender
12.00h – obradoiros
12.00h – DJ Gafapasta
13.00h – Sanny Caster
14.00h – DJ Gafapasta
17.00h – Sabela
17.00h – obradoiro Breakdance
18.00h – concerto Punkinfantil
19.00h – Combo Paradiso
20.00h – Rasca e Pincha

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.