Boiro achega rutas formativas para dar a coñecer o Camiño “A Orixe” entre os escolares

30 Abril 2024

O Concello de Boiro e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza organizan unha charla e unhas saídas formativas cos centros de ensino do municipio para dar a coñecer o Camiño A Orixe. A concelleira de Cultura e Turismo, María Outeiral; Manuel Antonio Villar, presidente da Asociación, e Marian Treus, secretaria, presentaron na mañá deste martes 30 de abril o programa de actividades.

A finalidade, sinalaron, é “dar a coñecer entre a rapazada dos centros de ensino os nosos recursos históricos, patrimoniais e tamén paisaxísticos”.

Segundo informou a concelleira María Outeiral, “os centros de ensino sempre mostran unha gran acollida coas propostas que facemos dende o Concello de Boiro e estas pequenas andainas vanlle permitir coñecer un recurso co que contamos no noso concello”.

Nas actividades van participar un 156 alumnos e alumnas dos centros de ensino do municipio. O luns 6 de maio ás 10.30 horas na Casa da Cultura de Boiro terá lugar unha charla na que coñecerán a historia das peregrinacións, do Camiño de Santiago e, en concreto, do Camiño A Orixe. “Trátase dunha dobre actividade para promover entre a rapazada o Camiño cunha charla informativa e unhas saídas polo percorrido dentro do termo municipal”, afirmou o sacerdote Manuel Antonio Villar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.