A ABE convoca a terceira edición dos seus premios á excelencia local

22 Novembro 2019

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de pór en marcha unha nova edición (a terceira) dos seus Premios á Excelencia Empresarial, uns galardóns dirixidos a recoñecer, reivindicar e mostrar ante o mundo o importante nivel de innovación e competitividade das firmas locais (en palabras da asociación, “son uns premios das socias e socios da ABE para as socias e socios da ABE”).

A entrega dos galardóns será xoves 12 de decembro no salón de actos da entidade. Se ben estes recoñecementos chegan agora á súa terceira convocatoria, responden a un obxectivo da ABE que vén de antigo, concretamente dende 1988: a finalidade de apoiar e representar ao empresariado boirense, amais de promover e difundir a cultura emprendedora e a creación de emprego.

“Con estes premios”, sinala a asociación, “queremos distinguir o labor daquelas empresas asociadas que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra”. Amais, búscase tamén que os premios supoñan a meirande proxección posíbel para os destinatarios acerca da súa actividade de mercado, amplificando ao máximo a repercusión nos medios de prensa e na publicidade. Segundo engade a ABE, os galardóns terán ademais un significado especial, ao ser concedidos polos propios compañeiros empresarios que integran as fileiras da asociación.

Esta III Edición dos Premios ABE á excelencia empresarial comprende dúas categorías ás que non poderán optar Farmacia Cimadevila, A Pousada da Galiza Imaxinaria, Baldani e La Doce como gañadores das pasadas edicións (base 1.3 da normativa dos premios). As dúas categorías son: Mellor Comercio do Ano 2019 (participarán os comercios retallistas asociados) e Mellor Empresa do Ano 2019 (concorrerán o resto de socios da ABE que non estean emprazados na outra modalidade).

Os premios teñen carácter honorífico facendo entrega dun galardón e non se contemplan premios en metálico.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.