Teatro e conferencias na fin de semana rianxeira

18 Outubro 2019

20191018. Rianxo dará cabida esta fin de semana á primeira parte da IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego. Desta maneira, o venres 18, ás 18.00 horas, a Biblioteca acollerá a Xarope Tulú con Estrafalaria; mentres que O Inspector chegará da man de Teatro Muxicas, ás 21.00 horas, no Auditorio. O sábado 19, a Biblioteca será escenario de Gale, Historia da Lingua con Celtia Figueiras, ás 12.00 horas, e de Regueifando con Regueifeiros de Galicia, ás 18.00 horas, para dar paso no Auditorio, ás 21.00 horas, a Insania de Agrupación Teatral Mariñán.

Por outra banda, o venres 18 desenvolverase na Biblioteca, ás 20.00 horas, a conferencia Experiencia mística e expresión artística na filosofía india, a cargo de Raquel Fernández e organizada por Axóuxere Editora. Outra das citas disporase o sábado 19, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, na Biblioteca, así como o domingo 20, de 11.00 a 14.00 horas, na casa do selo situada en Brión, Rianxo. Trátase do seminario de pensamento Filosofías indias e occidentais da mente: meditación e neurociencia, impartido tamén por Raquel Fernández. Esta actividade require inscrición previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...