Estrafalaria e O Inspector levantan o pano da cuarta Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

17 Outubro 2019
As actrices e actores de Teatro Muxicas

20191017 Este venres 18 de outubro comeza en Rianxo oficialmente a cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego, organizada pola Agrupación Teatral Criaturas, en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña. O programa de representacións desenvolverase na segunda quincena do mes de outubro, concretamente, os días 18, 19, 25 e 26. Este venres as actividades comezan da mellor maneira posíbel: con teatro de calidade que fale de cuestións universais que seguirán séndoo (universais) dentro de cincocentos anos. É o caso de Estrafalaria, de Xarope Tutú, que abre o programa ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal.

O espectáculo Estrafalaria é unha representación de Atenea García que salienta por varios motivos fundamentais, entre os que se conta o formato adoptado (trátase dun espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato) e pola historia que se conta (o día a día dunhas personaxes que levan a diferenza por bandeira). A obra, recomendada para crianzas a partir dos tres anos, fala da importancia de sensibilizar á rapazada acerca de todo o amplo abano de realidades persoais coas que van ter que convivir: “As cativas e os cativos deben entender a diversidade como algo enriquecedor e imprescindíbel para que a sociedade evolucione cara o mundo que queremos, ese no que debería predominar a tolerancia, a solidariedade e a integración”.

Xa pola noite, ás 21.00 horas, a mostra proseguirá no Auditorio de Rianxo co espectáculo O Inspector, a cargo de Teatro Muxicas, agrupación composta por actrices e actores invidentes e pertencente á organización ONCE. O espectáculo O inspector está baseado na obra de Nikolai Gogol, con dirección de Tito Asorey. Conta, no seu argumento, a chegada a unha cidade xestionada por políticos corruptos dun inspector do goberno que ten a misión de realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio sobre a limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes. Esta situación fará que os gobernantes teñan medo do que poida atopar o representante do goberno e proceden á destrución de todas as probas.

Máis actividades

O sábado 19, a Biblioteca será escenario de Gale, Historia da Lingua con Celtia Figueiras, ás 12.00 horas, e de Regueifando con Regueifeiros de Galicia, ás 18.00 horas, para dar paso no Auditorio, ás 21.00 horas, a Insania de Agrupación Teatral Mariñán.

Por outra banda, o venres 25 desenvolverase Xente de pálida pel, a cargo de Estudio de Teatro Casahamlet, no Auditorio, ás 21.00 horas. A última xornada, a do sábado 26, disporá de Cambia o conto de Miguel Alonso, ás 12.00 horas, na Biblioteca; así como de Tía Anita y su fantasma con Cardume Teatro, ás 21.00 horas, no Auditorio.

O prezo de entrada por actuación establécese nos 2 euros, podendo adquirise no Auditorio unha hora antes de cada función.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.