Sete representacións achegarán o teatro ao alumnado boirense

10 Outubro 2019

20191010. A mostra de teatro escolar de Boiro oferta aos centros de ensino do Concello, incluíndo este ano aos institutos, a posibilidade de asistir a varios espectáculos teatrais. Preténdese así achegar o teatro ao alumnado e, deste xeito, potenciar os seus hábitos e valores coma o desenvolvemento persoal e social, entre outros.

Este iniciativa desenvólvese ao longo dos meses de outubro e novembro, representándose tódalas obras na Casa da Cultura. A mostra comezou onte con Patapatum da man de Elefante Elegante, un espectáculo de teatro visual, onde destaca o traballo xestual cun forte compoñente musical.

As vindeiras representacións programadas para o presente mes son A Galiña Azul de Títeres Tanxarina, xoves 10; Baila Roque Baila de Baobab Teatro, o martes 22; O Poder de Amabel de Pérez&Fernández, o mércores 23; e Frankensteinde Teatro Ghazafelhos, o venres 25. Xa en novembro é a quenda de Language Planning a cargo de Quinquilláns Teatro, o xoves 7; e Camiños con ButacaZero, o venres 15.

Neste senso, prevese a participación dun total de 1700 alumnos nesta mostra de teatro escolar, todos eles pertencentes aos centros de infantil e primaria do municipio e aos tres institutos. Desde o Concello de Boiro manifestan que teñen como obxectivo, con esta e outras iniciativas, fomentar o teatro como servizo público, pois “é un elemento fundamental da nosa civilización e debe ocupar un papel relevante na oferta cultural das administracións, unha arte que se adapta ás demandas e necesidades da sociedade.”

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.