Os nacionalistas de Boiro demandan novamente a municipalización do complexo deportivo de A Cachada

08 Outubro 2019

20191008. O BNG boirense levará a pleno a municipalización do complexo deportivo de A Cachada, pois manifesta que vén demandando isto “de maneira reiterada nos últimos anos”, ao entender que o actual modelo de explotación deste espazo por parte da empresa “ademais de resultar deficiente conta cun importante custe anual ás arcas municipais que non se ve repercutido nin en melloras nas instalacións nin en beneficio da cidadanía.”

A formación nacionalista tamén precisa que esta cuestión foi levada a pleno por parte do grupo municipal do PSdeG-PSOE, actual goberno local, sendo o presente tenente de alcalde quen requiría a municipalización do servizo.

Deste xeito, o Bloque indica que “sorprende, pois, que unha das primeiras decisións do goberno municipal do PSdeG-PSOE sexa optar por realizar unha nova inversión no complexo deportivo sinalado e non a de adoptar as medidas necesarias para  xestión pública do mesmo.” Incluso apunta que se pon en mans da empresa privada que o xestiona na actualidade “unha importante inversión con cartos municipais sen solicitar, nin sequera á mesma, garantías dun mellor funcionamento, e isto a pesar das reiteradas queixas dos usuarios e usuarias da instalación.”

Por todo isto, solicita a adopción de acordos que inclúe instar ao goberno municipal a que, “en cumprimento do seu programa, adopte as medidas necesarias de cara ao inicio do expediente de municipalización do complexo deportivo da Cachada”, así como a suspensión de calquera inversión “que teña como finalidade a ampliación da infraestrutura municipal en tanto non se proceda á súa municipalización, limitándose a realizar no Complexo Deportivo da Cachada aquelas actuacións que teñan como único obxectivo o seu mantemento e sexan imprescindibles para que os usuarios e usuarias da mesma poidan facer un uso destas conforme ao que sería un correcto funcionamento do servizo.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.