Os ceramistas de Raposiñas, nas Xornadas Profesionais Artesanía do Prato

28 Outubro 2019
Algunhas das pezas saídas do obradoiro da Pobra do Caramiñal

Estes días (dende onte até hoxe) estanse a celebrar na Coruña (Expocoruña) as segundas Xornadas Profesionais Artesanía do Prato, un evento que recolle boa parte das mellores e máis salientábeis producións dos nosos obradoiros e que abre xanelas, tamén, para o asentamento destes obradoiros nas máis avanzadas canles de promoción, distribución e comunicación. Dito doutro xeito: trátase de mostrar a nosa artesanía perante o mundo. Na cita participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen lembrou que as pezas expostas son “o mellor soporte para presentar pratos únicos nos que os cociñeiros, como os nosos artesáns, apostan pola vangarda sen esquecer a tradición”. Na cita participa un destacado obradoiro da nosa comarca: Raposiñas. Cerámica feita devagar (A Pobra do Caramiñal).

Francisco Conde na súa visita ao encontro de artesanía de Expocoruña

O encontro enmárcase no proxecto Artesanía no prato, da Fundación de Artesanía de Galicia. Iniciado en 2013, o evento achega os produtos dos obradoiros artesáns galegos aos eidos da gastronomía, a hostalería e a restauración. Froito deste proxecto, máis de 40 artesáns están a traballar con cociñeiros galegos e nacionais, así como con grandes empresas distribuidoras de enxoval para hostalería.

O número de obradoiros participantes increméntase ata sumar un total de 41 talleres artesanais, dos que 23 é a primeira vez que toman parte nestas xornadas buscando ampliar a proxección das súas pezas.

Polo que se refire ao obradoiro da Pobra, o proxecto Raposiñas (Cerámica feita devagar), puidemos coñecelo este mes de outubro, in situ no seu propio centro de traballo: unha fonte inegostábel de pezas sensitivas e sustentábeis, modernas e asentadas na tradición, útiles ao tempo que decorativas. Segundo informamos daquela, o equipo de Raposiñas, un obradoiro cerámico rural situado na aldea Lomba da Pobra do Caramiñal e que se adscribe a Artesanía de Galicia, está formado por Loaira Pérez, Martiño Hortas, Abelardo P. Santiago e Ismael Pérez.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.