O Pai Andrés Díaz de Rábago homenaxeado na Pobra do Caramiñal

21 Outubro 2019

20191021. O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu o acto de recibimento e homenaxe á figura do Pai Andrés Díaz de Rábago (A Pobra do Caramiñal, 1917), quen reside en Taiwán desde hai cincuenta anos.

O alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, acompañado da concelleira Patricia Lojo, destacou o seu labor altruísta, “impresionando por onde vai co seu carácter afable, coa súa forza, coa súa vitalidade.”

Pola súa parte, Díaz de Rábago afirmou estar “encantado” de encontrarse na súa vila, pois nunca se esqueceu da súa orixe nin do Nazareno. Respecto disto último, manifestou que se emocionou ao ver, na igrexa de Santiago da Pobra do Deán, a pía na que o bautizaron a tarde do 3 de outubro de 1917. Así mesmo, apuntou que naceu na casa de José Ramón Mariño, coñecida actualmente como casa de Faustino.

Orgulloso de dicir que “nunca deixei de ser da Pobra do Caramiñal”, incluso se atreveu a interpretar os versos dunha canción.

A continuación, o rexedor e a edil fixéronlle entrega dun agasallo consistente nunha medalla de edición única de Valle-Inclán, ao que o homenaxeado respondeu dando as grazas e precisando que tivo a oportunidade de falar co intelectual no seu día, engadindo que “Valle-Inclán é unha personalidade que merece ser recordada.”

Outros artigos

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...