O Concello de Boiro recupera un software interno para axilizar a xestión de incidencias

02 Outubro 2019
A praza de Galicia e o edificio do consistorio boirense ao fondo

20191002 No camiño de avanzar en eficiencia, axilidade e participación cidadá pola vía tecnolóxica, o Concello de Boiro vén de recuperar un programa interno para xestionar incidencias e demandas veciñais “de maneira máis rápida, sinxela e efectiva”. Neste senso, o Goberno local explica que as comunicacións da cidadanía poderanse achegar na mesma portería da casa consistorial ou ben por correo electrónico, comezando aí mesmo a súa tramitación. “Queremos que estas incidencias sexan resoltas no menor tempo posíbel, nun prazo de como máximo tres días hábiles”, engaden fontes do Concello.

O programa interno que se vai recuperar foi desenvolvido polo informático municipal durante o segundo mandato do ex-alcalde Xosé Deira e consiste nun software que permite tramitar as incidencias directamente co departamento correspondente. O alcalde actual, José Ramón Romero, deu orde de que se recuperase e ampliase este programa para que todos os operarios municipais poidan comezar a tirarlle partido.

O obxectivo é conseguir que as tarefas a resolver se lle encarguen directamente ao profesional correspondente en cada unha das áreas de actividade municipal: obras, electricidade, limpeza viaria, xardinaría, recollida de lixo, Grumir, medio ambiente… “Desta maneira”, explica o Concello, “ponse en práctica unha nova metodoloxía de traballo que mellore a atención á cidadanía, permitindo ter datos concretos e de utilidade sobre quen solicita unha actuación, a data na que se fai e o departamento a que vai dirixida”. Este sistema, amais, vai axudar a potenciar tamén un novo organigrama de traballo dentro do propio Concello, máis efectivo e que mellore a atención dos cidadáns.

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.