O Concello da Pobra e ABAS convocan o segundo concurso de relatos curtos sobre mulleres

18 Outubro 2019

20191018 As mulleres seguen a tomar a palabra, e nunca mellor dito. A Asociación Barbantesa de Axuda e Solidariedade (ABAS) e mailo Concello da Pobra veñen de convocar a segunda edición do Concurso de Relatos Curtos Historias de Mulleres. O certame, aberto para escritoras e escritores a partir dos 12 anos de idade, estará aberto até o 10 novembro. Será un concurso cunha óptica feminina en todas as súas vertentes: trátase de alentar ás novas autoras (e tamén aos novos autores) para que falen de mulleres e denuncien, a través da palabra escrita, a longa listaxe de cousas que cómpre superar para acadar a igualdade, as liberdades e a erradicación definitiva da violencia de xénero.

O certame establece tres categorías: a categoría adolescente (de 12 a 16 anos), a categoría xuvenil (de 16 a 30 anos) e a categoría adulta (máis de 30 anos). Fíxanse ademais unha serie de requirimentos básicos, como o feito de que as contribucións literarias veñan escritas en galego ou que sexan orixinais e inéditas. Ademais, a extensión máxima de cada relato deberá ser de 1.000 palabras.

A iniciativa vén da man e ABAS Barbanza, o Concello da Pobra e a Concellería de Igualdade, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Fundación Barrié.

No que se refire as temáticas a tratar, os relatos deberán afrontar a cuestión da violencia en tódalas súas expresións, exercida sobre as mulleres; a igualdade entre mulleres e homes; as súas liberdades e diversidades sexuais; e todo aquilo relacionado coa temática.

As bases e as contías dos premios nas súas diferentes categorías poden consultarse na páxina web do Concello da Pobra.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eres rico y millonario” – Manuel Domínguez

“Eres rico y millonario” – Manuel Domínguez

Eres rico, millonario y yo te lo recuerdo. Tu vecino Antonio desde aquel día jamás volvió a sonreír, fue el día en que su hijo se marcho de forma voluntaria. A ti te escucho hablar de la felicidad de los matrimonios de tus hijos, y la felicidad sale de tu rostro. Tu...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.