Dakidarría, The Lákazans e Blues & Decker van facer vibrar A Pousada esta finde

25 Outubro 2019

A Pousada da Galiza Imaxinaria, a capital barbanzá da música independente, vai ofrecernos unha fin de semana de creatividade musical de primeira liña. A mestura de estilos e o espírito argalleiro arredor da música, un proceso en continuo espallamento, é a base de Dakidarría, a banda galega de ska, punk e reggae, con centro de operacións no Val Miñor pero con punto de mira no mundo. O concerto de Dakidarría no local de Boiro será este venres ás 23.00 horas, ao prezo de 10 euros na billeteira.

A banda, en palabras da Pousada, “é un dos grupos da nosa terra que máis está dando que falar dentro do panorama estatal”, logo de importantes traballos discográficos como Utopías emerxentes ou Filosofía incendiaria, das súas xiras pola Península, Europa e parte de América, e dos seus contundentes e impactantes directos, un dos seus principais puntos fortes.

A festa, este ir a máis da traballa rockeira galega, será un punto sen retorno ao día seguinte, o sábado 26, co concerto (tamén na Pousada de Boiro) de The Lákazans e de Blues & Decker. Comezará ás 22.00 horas.

A banda de Lákazans actúa este sábado en Boiro

The Lákazans, para quen non o saiba, foron os gañadores do Premio Martín Códax da Música 2018 na categoría de jazz, funk e blues, polo seu álbum Sandwina. É unha banda galega de R&B, soul e xéneros afíns, referentes en Galicia e España con todo o que teña ver coa mellor da música negra das pasadas décadas. Co seu último traballo inspirado na muller máis forte do mundo, amplían o seu rexistro a novos xéneros da música americana, máis aló do blues.

Polo que se refire a Blues & Decker, é unha agrupación asturiana que comezou abeirada ao blues rock clásico, pero que, sen abandonar a devoción pola música negra, foi asimilando sons modernos e arriscados, sons de renovación. Segundo reflicten dende A Pousada, os espectáculos de Blues & Decker beben da tradición narrativa dos bluesmen e do poder guitarreiro que enarboran desde o seu mesmo nome, “pero neste nove anos de traxectoria non deixaron de cultivar a versatilidade que lles permite adaptarse a toda clase de situacións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.