Conferencias e escena poñen o broche de ouro ao I Ciclo Victoriano García Martí

21 Outubro 2019

20191021. A Pobra do Caramiñal albergou o I Ciclo Victoriano García Martí co obxectivo de dar a coñecer a obra e figura deste escritor pobrense entre a cidadanía. As actividades desenvolvéronse en diversos emprazamentos da vila os días 11, 12, 18, 19 e 20 de outubro. O evento finalizou esta fin de semana coas conferencias Victoriano García Martí. Pensador europeísta e sucesor do Rexurdimento, a cargo de Arantxa Fuentes Ríos, doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada; e García Martí e a súa relación co feminismo, da man de Encarna Otero Cepeda, historiadora e escritora. Así mesmo, levouse a escena Don Severo Carballo. Del alma gallega cun elenco artístico composto por Natalia Otero e Carlos Da Silva, escola de baile e pandeireta Caramiñas, Bradomín Teatro, Os Caraveiros, Tanxedoria, Lumieira e Banda de Caamaño.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.