Cinco minutos sen respirar, de Gustavo Ott, o 24 de novembro na Pobra

10 Outubro 2019

20191010 A Pobra do Caramiñal é unha das localidades elixidas para acoller a representación de Cinco minutos sen respirar, a adaptación da obra do dramaturgo venezolano Gustavo Ott do mesmo título a cargo da agrupación galega Ítaca Teatro. A cita será o domingo 24 de novembro, no Elma, a partir das 19.00 horas. O espectáculo, abeirado ao programa galego-estatal Nós contra a violencia, ofrece unha óptica íntima e intensamente humana dunha das teimas máis inequivocamente propias do ser humana: a necesidade de procurar evasión perante as diferentes realidades adversas.

Esta necesidade de fuxir co poder da imaxinación está representada na obra nos personaxes de Víctor, supervisor dun supermercado, e Margarita, unha ex-empregada de banco á que acaban de despedir e que precisa afastarse dunha relación sentimental que iremos coñecendo aos poucos a través das citas literarias que se van achegando a medida que transcorre a representación.

Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes, amais de cuestións que nos afectan a todas e todos en maior ou menor medida: os abusos laborais, o amor, a violencia, etc. Segundo relata Ítaca, a montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe. A peza está dirixida por Carlos Neira e conta coas interpretacións de Elea López e Carlos Rebolo. A tradución e a adaptación corre a cargo de Rubén Pérez Pombo.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.