Boiro Novo propón a instalación de contedores para a recollida de aceite usado e outros para os residuos electrónicos

25 Outubro 2019
Contedor na Pobra do Caramiñal. Cedida por Boiro Novo

O grupo municipal Boiro Novo vén de presentar unha moción que se debaterá en pleno relativa á instalación de contedores destinados ao depósito de aceite usado e outros de residuos electrónicos no municipio boirense. A formación expón que “unha das responsabilidades das institucións por minimizar e incluso eliminar no posible calquer fonte de contaminación.” Deste xeito, considera que os Concellos “deben ser exemplo de esa aposta polo desenvolvemento sostible preservando así o entorno, a vida e saúde da súa veciñanza.”

Neste senso, manifesta que o aceite empregado nos fogares constitúe “un dos residuos máis contaminantes que xeramos no noso día a día”, converténdose “actualmente unha das principais causas de contaminación dos recursos hídricos co perxuizo que iso significa para os ecosistemas, especialmente o acuático e mariño, dos que dependen moitos centos de postos de traballo en Boiro.” Respecto disto, a asemblea de Boiro Novo apunta que “é unha vergoña que Boiro sexa o único concello da mancomunidade que aínda non dispoña de contedores na rúa para a recollida de aceites.” Así mesmo, engade que o tratamento e reciclaxe destes residuos “pode ser tamén unha oportunidade para a creación de emprego no eido medioambiental.”

O partido sinala os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) como outro foco de contaminación, xa que “estes aparatos liberan ao entorno substancias como chumbo, mercurio, cadmio, arsénico, berilio, etc. metais pesados moi contaminantes e altamente canceríxenos.”

Por todo isto, o grupo municipal insta á adopción de acordos no que respecta a que o Concello instale contedores para a recollida de aceites usados en tódalas parroquias do municipio, varios puntos do casco urbano e principais núcleos de poboación; que se establezan recipientes e/ou puntos para a recollida de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE); e que se realice unha campaña informativa a través dos medios municipais “para contribuír así a aumentar a concienciación social no respecto ao medio ambiente.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...