As familias necesitadas de Boiro disporán de menús sociais

31 Outubro 2019

O alumnado participante no Obradoiro de Emprego en Hostalaría Boiro III, o cal consta de dúas especialidades (Operacións Básicas de Cociña e Operacións Básicas de Restaurante Bar), comezarán a partir do luns a elaboración de menús como parte do programa de formación. O Departamento de Servizos Sociais promove unha iniciativa coa que, as comidas realizadas diariamente, se reparten entre as familias necesitadas do municipio.

Así, repetirase o procedemento realizado en anteriores edicións do taller: os operarios de Protección Civil recollerán diariamente os menús no viveiro de empresas, lugar onde se desenvolve o obradoiro, para a súa posterior distribución entre as casas das familias inscritas no servizo. Nesta ocasión, o programa arranca o luns, cunha previsión de 15 menús, número que se pode ir ampliando segundo os fogares que o precisen.

As comidas repartiranse de luns a venres, ata o mes de marzo, dentro do calendario lectivo. Ademais, as familias que estean interesadas en participar poden solicitar toda a información no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...