Aprazada a ofrenda cívica nos xardíns Valle-Inclán por mor do aviso de forte temporal

29 Outubro 2019

A vixésimo primeira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán conta cun programa composto por un amplo abano de actividades para tódolos públicos que se desenvolverán desde o 23 de outubro ao 30 de novembro. Por mor do aviso de forte temporal, a ofrenda cívica que estaba programada para as 13.00 horas de mañá, mércores 30, nos xardíns Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, aprázase ata o 6 de novembro, con idéntico horario.

Este acto incluirá ofrenda floral fronte ao busto do autor, chantado da camelia xapónica creada por Begoña Franco en honor ao intelectual e lectura pública de textos seus nos que alude a esta especie botánica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...