Adxudicada provisionalmente a mellora do firme entre Ameixida e Os Paramos

21 Outubro 2019

20191021 O Concello de Ribeira deu a coñecer a adxudicación provisional dunha nova actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras. Segundo engade o Goberno local, a empresa que tivo unha “mellor clasificación no proceso de contratación” foi Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa S.L. Presentáronse un total de quince ofertas.

A execución implicará un investimento de 36.320 euros, financiados polo POS da Deputación da Coruña. O prazo de execución é dous meses. O Concello lembra que os dous viarios presentan “un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos”, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.