A novela A noite do lobo, de Abel Tomé, presentouse na Tenda Baldani

09 Outubro 2019

20191009 A Tenda Baldani de Boiro, en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia, organizou este 5 de outubro, na súa sede do 10 da rúa Pablo Iglesias, a presentación dunha das novelas galegas de meirande éxito da tempada: a recente novela do escritor da Serra de Outes, Abel Tomé, A noite do lobo (Editorial Galaxia), Premio Illa Nova de Novela 2019.

A cita, que reuniu un importante número de seareiras e seareiros locais da literatura e outras expresións artísticas que conflúen coa expresión escrita, estivo presente, amais do autor, a editora de Galaxia, Malores Villanueva, o socio de Barbantia, Xesús Laíño e o impulsor de Baldani, Daniel García. A presentación foi un dos actos cos que o establecemento boirense está a celebrar o seu 18 aniversario.

A novela A noite do lobo, un apaixonante cruzamento de influencias no que podemos rastrexar as pegadas de Julio Cortázar, David Lynch ou Mary Shelley, mesturados en doses axeitadas coa propia visión de Abel Tomé, cóntanos a historia do antigo soldado e cazador de lobos Lourenço d’Ourantes, quen goza do seu retiro nas terras frías e libres de Luiçiana e que nunha mañá de inverno recibe o encargo de pescudar a morte do fillo dun aristócrata, que apareceu devorado polo ataque dun animal.

A noite do lobo recibiu recibiu o Premio Illa Nova de Novela 2019. O xurado, composto pola lectora Paz Raña Lama, a escritora Iolanda Zúñiga e a xornalista Ana González Liste, valorou que nesta novela “o autor emprega unha prosa dinámica, contida, en que nada sobra e coa que logra construír imaxes contundentes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.