Youtubeir@s obtén un dos premios Mil Primaveras

25 Setembro 2019

20190925 O proxecto Youtubeir@s, dirixido a converter YouTube e outras redes sociais en centros de actividade audiovisual en galego, está a encarar un mes de setembro (a recta final da terceira edición do certame) ateigado de novidades. Por unha banda está o día de peche para inscribirnos nos premios coas nosas achegas (até o 27 de setembro), uns galardóns que este ano repartirán 6.500 nas diferentes categorías. Por outra banda, está a convocatoria (o 3 de outubro en Santiago) do acto Lista de reprodución ao vivo, unha oportunidade para ver e escoitar ás creadoras e creadores que conforman a comunidade youtubeira. Para rematar, esta fin de semana o certame Youtubeir@s foi recoñecido co galardón Mil Primaveras, concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística.

Segundo informa a organización do concurso (unha nutrida fronte común de entidades galegas formado polos concellos de Rianxo, A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Santiago e Teo, e polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña), este foi distinguido pola CNTL, en colaboración da Deputación e o Concello de Pontevedra, como o programa máis innovador. A entrega do premio celebrouse no pazo da Cultura da cidade do Lérez. O acto estivo conducido pola regueifeira Lupe Blanco e Luís O Caruncho e nel entregáronse os galardóns aos seis proxectos escollidos.

O galardón Mil Primaveras é unha iniciativa creada e organizada pola Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL). Nesta primeira convocatoria concorreron un total de 47 proxectos, dos cales se escolleron o Modelo Burela do IES Perdouro (premio ao mellor proxecto estabilizado), Falemos de ti e min do IES de Soutomaior (premio ao mellor proxecto novo), Desafío 48 h do IES María Casares de Oleiros (premio á mellor comunicación e impacto), Youtubeir@s de 13 concellos, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña (premio ao programa máis innovador), Eu presumo de galego do IES de Melide (premio ao mellor proxecto destinado á mocidade) e GCiencia (premio ao mellor proxecto dun ámbito sectorial).

Respecto do recoñecemento a Youtubeir@s, valorouse o emprego que se fai de linguaxes e estratexias comunicativas atractivas para a mocidade e “que favorece que as persoas que transmiten a través de YouTube o fagan en galego e que as que comunican na nosa lingua aposten polo YouTube, alén de prestixiar o emprego desta rede social como ferramenta creativa”. O xurado tamén salientou “a colaboración de diferentes servizos de normalización lingüística de entidades locais e universitarias” e “a evolución e mellora do proxecto nas sucesivas edicións”. Rosario Pérez Magdalena, integrante do xurado, entregou o premio.

Os Premios Mil Primaveras non están dotados economicamente, mais os premiados recibiron un galardón identificativo. Consistiu nunha peza artística inspirada no logo dos premios e feita de barro de Buño acabado en esmaltes cerámicos. As pezas son obra de Nahuel Pérez, titulado superior en técnicas escultóricas pola Escola Mestre Mateo.

O xurado estivo formado por persoal técnico do ámbito da normalización lingüística, da comunicación e da investigación sociolingüística: Daniel Romero Rodríguez, técnico de normalización lingüística do Concello de Fene, Rosario Pérez Magdalena, técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Ana Iglesias Álvarez, investigadora e docente na Universidade de Vigo, María Yáñez Anllo, xornalista e directora da revista dixital Vinte, e Anxos Sobriño Pérez, presidenta da CTNL.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.